Chamamamento para a Longa Marcha 2022 pola liberdade de Abdullah Ocalan.

Acabemos co illamento, o fascismo e a ocupación! Chegou o momento da liberdade!

O espertar da sociedade en Curdistán cara a un mundo de xustiza social deu novas esperanzas en todo o mundo. As pedras angulares do movemento curdo, a democracia radical, a liberación da muller e a conciencia ecolóxica, aos poucos convertéronse tamén nos valores básicos de moitos outros movementos. O que primeiro saíu á luz en Rojava en 2012, a revolución das mulleres e a autoadministración da sociedade, converteuse agora nunha alternativa posible a nivel mundial. O confederalismo democrático, teorizado por Abdullah Öcalan, xa non só atópase en Rojava ou nas montañas do Curdistán; chegou a todas partes, en todo o mundo hai xente estudándoo e practicándoo.
Esta alternativa atópase aínda baixo os intensos ataques da Modernidade Capitalista: a guerra de agresión de Turquía contra o Sur do Curdistán, a invasión de Rojava ou as políticas fascistas do réxime do AKP contra o pobo do Norte do Curdistán…son políticas de illamento co apoio e a promoción do Goberno Federal Alemán e da Unión Europea.
Onde esta política de illamento faise máis concreta é na Prisión-Islla turca de Imrali, onde o fundador e guía do Partido dos Traballadores do Curdistán (PKK), Abdullah Öcalan, está encerrado desde a Conspiración Internacional do 15 de Febreiro de 1999. Durante uns 10 anos, foi o único prisioneiro da illa. A pesar das indescritibles condicións do seu illamento, nunca perdeu a esperanza dunha solución pacífica para os conflitos de Oriente Medio. Durante varios anos, Öcalan puido negociar co goberno turco para conseguir o seu obxectivo. A inmensa maioría da poboación curda ve a Öcalan como o seu representante, isto confirmouse coas asinaturas de máis de 3.5 millóns de persoas curdas en 2005/2006. Sendo en 2015 cando preto de 10.3 millóns de asinantes voltaron pedir a súa liberdade.

O Estado turco está sometendo a Abdullah Öcalan a un réxime de illamento que non admite ningunha que vulnera os dereitos humanos. Cada visita dos seus avogados ou familiares só é posible tras longas loitas sociais, sendo exemplo disto o maio de 2019, cando miles de persoas, tanto dentro como fóra das prisións, conseguiron romper o illamento cunha folga de fame que durou meses. Así, por primeira vez en varios anos, foi posible para Öcalan contactar cos seus avogados por un curto tempo. A última breve conversación telefónica entre Abdullah Öcalan e
o seu irmán tivo lugar en marzo de 2021, pero foi repentinamente cortada por razóns descoñecidas. O feito de que non houbese ningunha proba de vida de Öcalan desde ese momento levanta dúbidas acerca do seu estado de saúde. En Imrali, o Estado turco non só esfórzase por illar a Öcalan como persoa, senón tamén, e aínda máis, por atacar, illar e suprimir os logros democráticos que xurdiron das súas ideas.

Por esta razón, a loita pola paz e a democracia debe ser pensada no contexto da loita contra o illamento de Öcalan. El é o arquitecto do confederalismo democrático, contra-modelo á crise da Estado-nación. Ao mesmo tempo, isto tamén dará forza á loita pola democracia e a liberdade en todo o mundo.

Levantémonos por acabar co illamento, o fascismo e a ocupación e loitemos pola liberdade de Öcalan!
Chegou o tempo da liberdade!

Por todo isto, chamamos a todas as internacionalistas a unirse á Longa Marcha do 5 ao 12 de Febreiro de 2022 baixo o lema “Acabemos co illamento – Liberdade para Abdullah Öcalan! ”. Ao final da marcha haberá unha manifestación en Estrasburgo.
Información:

– Encontro, sesión informativa e evento de lanzamento o 5 de Febreiro en Frankfurt.
– Longa marcha do 6 ao 11 de Febreiro de Frankfurt ata Saarbrücken.
– Evento en Saarbrücken o 11 de Febreiro.
– Gran manifestación en Estrasburgo o 12 de Febreiro.
– Recomendamos zapatillas deportivas e roupa de arbigo para a marcha. Tamén que traiades os vosos sacos de durmir.

Para rexistrarse, contactade con: longmarch2022@ protonmail. com
Tomaranse medidas contra a pandemia do Covid-19 durante a marcha.
Agardamos a vosa participación na marcha. En canto recibamos a vosa resposta enviarémosvos máis información e datas exactas.

Saúdos revolucionarios,

Comité de Preparación.